Peque ruta Río Miño - As pesqueiras

Publicado por admin o Mar, 04/10/2016 - 09:57

A ruta das Pesqueiras é unha pequena ruta situada no Concello de Melgaço e ten unha extensión de case 5 Km.
Acompañando ao camiño poderemos observar bosque típico de ribeira, destacando fundamentalmente os loureiros, freixos e algunha especie arbustiva como o salgueiro. Obsérvanse as moitas pesqueiras do Miño. Son muros elevados en granito, cunha altura de entre 4 e 8 m construídos estratexicamente no leito do río Miño, cunha forma semellante a un funil, para nelas colocar redes para pescar troitas, sábalos, lampreas e salmóns.
O percorrido discorre nunha parte por un pasadizo de madeira que vai por unha antiga levada e que nos levará aos campos de cultivo da veiga de Remoães e de alí ao parque das Termas do Peso.

Domingo 16 de outubro 2016
Saída ás 9:30h do colexio Carballal
Máis información / Anotarse:
Ernes 690 275 697 (WhatsApp)