O ano 1999 a Comunidade de Montes de Valladares convoca o "I Simposio Internacional de esculturas do Monte Alba" no que participaron artistas internacionais, españois e galegos.
O resultado foron 9 fermosas esculturas situadas estratéxicamente polos montes Alba e Cepudo cun percorrido de 2,5 km.
É un fermoso percorrido por un dos lugares de Vigo cuns miradoiros excepcionais da nosa ría, a nosa cidade, Baiona, etc.
Data: 7 de febreiro
Percorrido: 2,5 km.
Hora de saída: 11:00 horas
Observacións:
- As saídas das rutas son dende o Colexio Público do Carballal (R./ Lomba 1)